Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

11/9/17

O voluntariado en Cies finaliza e principia o voluntariado de sendeiros

Ao longo de todo o verán, o voluntariado de Camiño a Camiño estivo presente nas Illas Cíes coas labouras habituais de conservación e limpeza no Parque Nacional. Esta fin de semana pechou o último grupo coa senciación de tarefa cumplida e, como comentaba unha das voluntarias, agardando que veña a vindeira tempada.


Agora toca coller o ritmo de outono e o grupo de voluntariado de sendeiros xa ten previsto para esta semana proseguir co traballo de mantemento do sendeiro local de Matamá-Comesaña. Como sempre, todas as semanas se porá a programación nos avisos do blog. 

10/8/17

O servizo de montes accesibles dispoñible no verán


O servizo de montes accesibles estará dispoñible durante o verán, coa posiblidade de ir aos montes de Vigo e tamén ás Illas Cíes (ver nova no Faro de Vigo). 

Máis información (premer aqui)