Novidades na programación de Camiño a Camiño antes de Semana Santa



Nesta semana do 19 ao 25 destaca o inicio das Conferencias en Vigozoo os xoves de cada quincena. Tamén prosiguen as actividades de Camiño a Camiño coa última etapa do GR53 e coas habituais actividades de voluntariado e hortas.

Conferencias en Vigozoo: "A vida dos planetas (xoves 22 marzo, 19:00, Vigozoo)
A Concellería de Medio Ambiente ten programado para este xoves a primeira das Conferencias en Vigozoo, a cargo de Isabel Rebollido Vázquez, profesora da Universidade Autónomo de Madrid. Máis información na nova do 14 de marzo (premer aqui)


Voluntariado medioambiental (martes, xoves e sábado)
Nesta semana proseguirase o martes e o xoves co marcado do GR-53 en distintos tramos no entorno do Monte Alba. 
O punto de quedada será a Pasiva (ver localización) ás 15:45 para desprazarse ao lugar de pintado ou de receñocemento. 

O sábado proseguirase coa acción de limpeza no entorno das Covas do Folón, que aínda queda laboura. O lugar de quedada será na Pasiva ás 9:30, para logo acceder ao lugar de limpeza.


Hortas urbanas (toda a semana)
Arranca a tempada de hortas cos preparativos dos espazos e asignación dos bancais. Tamén se seguirá mantendo os alcoubes plantados polo voluntariado de hortas e, ao longo do mes, incorporaranse os/as novos/as participantes procedentes dos cursos que se celebraron neste mes. Os horarios das distintas hortas están dispoñibles na solapa de hortas (premer)

Percorridos medioambientais (domingo 25 marzo)
Esta semana realizarase a cuarta e última etapa do GR53, entre Valladares e Saiáns, pasando por Chandebrigo (unha parte da variante do GR53-1). Son en total de 10,4 km, con certa pendente ao baixar cara Saiáns. 
Achegarémonos ao punto central da vaga de lumes de outubro de 2017 e poderemos comprobar cal foi o nivel de desolación vivido naquel desgraciado día.
Lembrar que a inscrición para este percorrido realizase para os empadroados dende o luns ao mércores no 010 (986 810260 dende móbil), e o xoves para os non empadroados.



Nombre

Avisos,2,Fotos,83,Novas,199,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: Novidades na programación de Camiño a Camiño antes de Semana Santa
Novidades na programación de Camiño a Camiño antes de Semana Santa
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhJCDTqSf4rghzsemUp-YFEZQytEcsH5SDoyuPogUFr7tD5fgY9SKW8phjWfUzFDuGFWYzNgA_r8mH7Louimbfq5WAS521ECmLLQ7Yp5wOWzznvSg4zblQYRFidhgRisdZjbaBdQ3chw2Fp/s320/Conf+VGZ18+-+01+A+vida+dos+planetas+220218b.jpg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhJCDTqSf4rghzsemUp-YFEZQytEcsH5SDoyuPogUFr7tD5fgY9SKW8phjWfUzFDuGFWYzNgA_r8mH7Louimbfq5WAS521ECmLLQ7Yp5wOWzznvSg4zblQYRFidhgRisdZjbaBdQ3chw2Fp/s72-c/Conf+VGZ18+-+01+A+vida+dos+planetas+220218b.jpg
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2018/03/camino-a-camino-vigo-actividades-marzo-3.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2018/03/camino-a-camino-vigo-actividades-marzo-3.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar