Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

Voluntariado

VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL CAMIÑO A CAMIÑO


Programa de participación cidadá promovido pola Concellería de Medio Ambiente en colaboración coa Oficina Municipal de Voluntariado e dirixido a apoiar a xestión de necesidades medioambientais competencia do Concello de Vigo.
A participación no programa (ver Campaña de voluntariado estival) require a realización dun Curso de iniciación ao voluntariado medioambiental, así como a cumprimentación do requisitos de ser maior de idade e ser veciño ou veciña de Vigo.
Para poder participar no Voluntariado mediambiental de Camiño a Camiño cómpre actualizar o acordo de colaboración de cara a cumprir cos requirimentos da lei de voluntariado de Galicia. Para tal fin, nas actividades de voluntariado e na Casa da Xuventude (López Mora 31, 9-14h e 17-20h) pódese cumprimentar, trasladando os citados acordos para o seu trámite á Oficina Municipal de Voluntariado




CAMPAÑA DE VOLUNTARIADO ESTIVAL

A Concellería de Medio Ambiente ven de presentar o sábado 17 de xuño a Campaña de voluntariado de Camiño a Camiño para o período estival  coa seguinte oferta:

a) Voluntariado nas Illas Cies (1 xullo - 10 de setembro, quendas de 5 días e 2 fins de semana en setembro). Realizaranse tarefas de conservación no parque e de colaboración en proxectos de investigación.
prazo de preinscrición permanecerá aberto ata o día 23 de xuño en Casa da Xuventude. Levar cuberta a ficha de preinscrición (premer aqui) na que se recollen as quendas ofertadas e pódese indicar aquelas persoas voluntarias interesadas en ir xuntas nunha quenda.
prazo de inscrición definitivo, unha vez realizada a asignación de prazas, terá lugar entre o 24 e o 28 de xuño en Casa da Xuventude, xunto coa fianza de 10 euros. Neste momento entregarase a ficha de inscrición a voluntariado de Cíes (premer aqui)

b) Voluntariado urbano e de sendeiros (21 xuño - 20 xullo e dende 12 setembro)

b.1 Voluntariado no Monte da Guía (mércores, 9:00 a 12:00, aparcadoiro na subida á capela da Guía). Realizanse tarefas de erradicación de especies exóticas e apoio na sinalización da senda do Monte da Guía.

b.2 Voluntariado de sendeiros (martes e xoves, 16:30 a 19:30, lugar a determinar semanalmente e publicado no blog). Realizaranse tarefas de revisión da sinalización dos sendeiros locais.

c) Voluntariado en Vigozoo (26 xuño  - 24 xullo e dende 12 de setembro). Realizaranse accións de apoio relacionadas coas especies vexetais na zona botática de Vigozoo, así como actividades de enriquecimento ambiental complementarias e colaboración en proxectos de investigación, divulgación e naturalización do parque. 


    c) Voluntariado de hortas (dende 1 de setembro). Realizaranse accións comunitarias dentro das hortas urbanas da Concellería de Medio Ambiente. Para este caso é preciso tamén ser usuarios/as nas respectivas hortas.