Avisos

INSCRICIÓNS CAMIÑO A CAMIÑO NO 010 (986810260 dende móbil)
2 abril, 8:00 (atención adiántase unha hora). PRAZA DO REI. RUTA POLO ROMÁNICO GALEGO I: ARMENTEIRA (MEIS). Percorrido de día completo. Achega 7 euros. Inscrición dende luns 27.

23/3/17

Péchanse as sendas de ribeira nun descenso atractivo polo Oitavén-Verdugo


O percorrido deste domingo pode resultar moi agradable se as previsións de que o tempo se aguanta se cumpren, anque non todas as webs do tempo pronostican o mesmo. Hase de ver. 
En calquera caso o que sí é certo que hai tramos moi fermosos e algunha vista moi engaiolante que vai facer as delicias do numeroso grupo apuntado.
Vémonos o domingo as 9:00 para sair o antes posible dado que ao termos que trasladar ata o Encoro de Eiras e logo Soutomaior, hai un importante tempo de ida e volta. Facer previsións de chegada tarde a comer.

20/3/17

Péchanse as sendas polas ribeiras co sistema Oitavén-Verdugo



O cuarto e último percorrido por sendas de ribeira organizado pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo terá lugar no denominado sistema Oitavén-Verdugo. Lembrar que unha vez apuntados no 010 (986810260 dende móbil), hai que abonar a achega e recoller o ticket na Casa da Xuventude (López Mora 31, en horario de oficina) ata o mércores (xoves non empadroados).

Arrancarase no Encoro de Eiras, que subministra de auga ao concello de Vigo, e circularase inicialmente pola Senda da Auga, que xa se ten percorrido noutras ocasións. Pasearemos pola ribeira do Oitavén ata as aforas de Soutomaior, onde xa nos encararemos cara o río Verdugo.

O trazado previsto é de algo máis de 10 quilómetros e de dificultade media-baixa, o que estamos vendo que acontece cando se baixa pola ribeira dun río. Lembrar, iso sí, boas botas de montaña e bastóns xa que dan choivas para esta semana e o terreo pode que estea esbaradizo.


Trazado pola ribeira do sistema Oitavén-Verdugo. 10,5 km e dificultade media-baixa.

19/3/17

A primavera en estado puro no río Eifonso



Se se quere coñecer de preto un bosque de ribeira en Vigo, claramente hai que circular pola senda do río Eifonso. O desta mañá foi sensacional en todas as dimensións: por luz e contrastes, por vistas, por sons e por temperatura. A ritmo tranquilo dende o Parque Forestal de Beade, poidose comprobar a variedade de flora e fauna e o agraciado do traxecto do Eifonso, ata a desembocadura no río Lagares. Evidentemente pasouse tamén  por unha chea de lugares con encanto natural e patrimonial.

Por solicitude dalgúns dos participantes, achegamos o enlace aos contidos do Parque Botánico "Arco da Vella" promovido pola Entidade Local Menor de Bembrive. Premer aqui.

As instantáneas da etapa pódense ver no apartado Fotos premendo aqui ou no facebook @vigocaminoacamino. Algún anticipo de seguido: